Copy
www.proturga.org
Benvidos ao Boletín Mensual de Proturga!
#proturgaenaccion
Especial I Foro Proturga:
Turismo Deportivo. Motor para reactivar a economía?
#foroproturga

QUÉ É O FORO PROTURGA?

 



O día 27 de abril de 2013 tivo lugar na cidade de Pontevedra a primeira edición do Foro de Proturga, evento que se celebrou no Teatro Principal desta cidade.

Este Foro, que se organizará con carácter periódico nas distintas cidades galegas, nace co principal obxectivo de converterse no punto de encontro imprescindible para os profesionais do turismo e responder ás necesidades do sector en canto ao coñecemento continuo dun sector tan cambiante e competitivo.

Nesta primeira edición, o evento estivo adicado ao turismo deportivo, modalidade que se atopa en auxe na actualidade e na que moitos destinos buscan o seu posicionamento, constituíndo un gran eixo dinamizador dos territorios.

Para a súa realización, Proturga levou a cabo un intenso traballo de organización e promoción, para o que contou con estupendos colaboradores que puxeron á disposición da asociación o seu tempo e os seus servizos profesionais.

Grazas a todo este esforzo realizado, podemos dicir que o I Foro Proturga foi un éxito, pola calidade dos contidos, pola profesionalidade dos relatores e pola satisfacción dos asistentes.


XANTAR NETWORKING E ACTIVIDADES 



Como non podía ser doutro xeito, ao tratarse dun encontro entre profesionais do turismo, dende Proturga organizouse un Xantar Networking que tivo lugar no prestixioso hotel Galicia Palace, empresa que  quixo colaborar con Proturga cun desconto nos seus pratos sen perder a calidade dos servicios que ofrecen.

Este xantar serviu para afianzar contactos profesionais e tamén para charlar agradablemente dos temas en auxe do sector.



Asemade, ao finalizar os relatorios, levouse a cabo unha actividade lúdica, que, ao igual que o xantar, permitiu a interacción entre profesionais de forma relaxada. Tratouse dunha visita guiada polo casco histórico de Pontevedra na compaña da Guía Turística Especializada de Galicia, Sandra Pérez Domínguez. 

PREMIO E SORTEO

 



Neste I Foro de Proturga levouse a cabo o I Premio Proturga á mellor traxectoria profesional, cuxas bases se publicaron na web www.proturga.org/foro.

O resultado desta primeira edición do premio foron tres finalistas, tres grandes profesionais do turismo, con experiencia en distintos campos; pero sobretodo tres loitadores por sair adiante nun sector que moitas veces non é de todo agradecido.

Finalmente, o gañador foi un xoven emprendedor que fixo do seu soño unha profesión. Trátase de Javier Ramón Ramón, recente creador da empresa "Viajeros Low Cost". O premio foi unha estancia nunha casa rural e unha actividade de turismo activo, por cortesía de Casa do Batán e Actividades Estaca respectivamente ademáis dun trofeo realizado por Proturga para a ocasión.

Asemade, durante esta xornada levouse a cabo un sorteo entre os asistentes cuxo gañador foi Luis Ulloa e que consistiu nunha estancia nas Rías Baixas e un paseo en veleiro cortesía de Apartamentos Rodeiramar2A e Galicia Náutica respectivamente.

INAUGURACIÓN E RELATORIOS

 


INAUGURACIÓN

Este primeiro Foro de Proturga contou cunha gran Mesa de Inauguración, composta pola presidenta e vicepresidenta de Proturga, Verónica Pichel Guisande e Beatriz Gil Estévez; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; e a Directora Xerente de Turgalicia, Carmen Pita.

RELATORIOS DA MAÑÁ. ANÁLISE DO TURISMO DEPORTIVO DENDE O PUNTO DE VISTA DA SOCIOECONOMÍA, DO MARKETING E COMERCIALIZACIÓN.

Inmediatamente despois dunha excepcional inauguración pasouse á quenda de relatorios da mañá que foi moderada por Octavio Rodríguez Nieto, presentador que amenizou esta parte da xornada dunha forma excelente.

Esta primeira quenda do I Foro estivo protagonizada por excelentes profesionais que nos descubriron o gran potencial do turismo deportivo na dinamización de destinos. Estes profesionais; Patricio Sánchez (Universidade de Vigo), Francisco Villanueva (Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno) e Alberto Baamonde (Zinqin Audiovisual); demostraron nos seus relatorios o impacto socioeconómico e de marketing que poden ter as actividades deportivas nun destino turístico.

A continuación, tras unha pequena pausa, tocoulle o seu turno a Mar  Rodríguez (Tee Travel) que nos presentou o gran abanico de posibilidades de comercialización das actividades de turismo deportivo, a través do exemplo do Camiño de Santiago.
 
De esquerda a dereita: Octavio Rodríguez, Alberto Baamonde, Francisco Villanueva e Patricio Sánchez

 


MESA DE DEPORTISTAS DE ÉLITE. 

Xa pola tarde, inmediatamente despois do Xantar Networking levouse a cabo unha interesante Mesa de deportistas de élite, moderada polo experto en periodismo deportivo David Acevedo (Diario de Pontevedra).  Os participantes na mesma foron Juan Antonio Saavedra Reinaldo (tiro olímpico), Gustavo Nieves Campello (atleta), Carlos Pérez Alonso (ex-atleta) e Franco Cobas González (veterano olímpico de remo); todos eles estrelas do deporte e sobresaíntes na súa especialidade.

Nesta Mesa analizouse a relación entre turismo e o deporte de élite dende dous puntos de vista diferenciados; por un lado dende unha realidade contemporánea e, por outro, mostrando a situación de hai 40 anos.

Unha temática moi importante á que se fixo referencia foron os patrocinios, que tal como se argumentou nesta mesa, ofrecen grandes posibilidades para o lanzamento das empresas turísticas. A pesar disto, aínda é algo que non está suficientemente explotado no eido deste sector.
De esquerda a dereita: Octavio Rodríguez, Alberto Baamonde, Francisco Villanueva e Patricio Sánchez

 


RELATORIOS DA TARDE. PRODUTOS DE TURISMO DEPORTIVO CON GRAN POTENCIAL

Unha vez rematada a espectacular Mes de Deportistas de Élite pasamos a analizar tres produtos de turismo deportivo con gran potencial, como son o surf, o Camiño Portugués e o Turismo de Aventura. Estes tres relatorios estiveron moderados tamén polo xenial discurso do experto  David Acevedo e protagonizados por Carlos Jorge García (Federación Española de Surf), Celestino Lores (Fundación Camiño Portugués de Santiago, Amigos do Camiño Portugués, Saint James Way European Association e Albergue de Peregrinos "Virgen Peregrina") e Fredy Iglesias (Aristótelis Gestión e Turismo S.L. e Guías Malouco). 

Estes tres profesionais fixeron unha análise en profundidade de cada un dos produtos, todos eles con grande potencial de desenvolvemento en Galicia tanto polas condicións deste territorio como pola demanda. Asemade, estas actividades supoñen unha gran oportunidade de diversificación da oferta, complementariedade aos servicios básicos e desestacionalización dos territorios.
De esquerda a dereita: Octavio Rodríguez, Alberto Baamonde, Francisco Villanueva e Patricio Sánchez

 

INVITADO ESPECIAL: STABRI

Durante todo o Foro contamos coa presenza dun invitado moi especial: Stabri, o boneco viaxeiro por excelencia. Para nós foi todo unha honra contar coa sua presenza neste primeiro evento de Proturga e, para os asistentes, foi un pracer ter un compañeiro tan especial.
 
Podedes ver toda a reportaxe fotográfica do foro aquí.

Avance das Novas de Maio de Proturga

No próximo boletín de Proturga...

  • Desvelaremos tódolos avances das Comisións de Traballo de Proturga.
  • Avanzaremos as próximas colaboracións nas que estamos traballando.

Like
Tweet
Share
+1
Forward to Friend
PROTURGA, PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA

proturga@gmail.com
www.proturga.org
 
www.proturga.org
www.proturga.org
Email
Email
Facebook
Facebook
Twitter
Twitter
LinkedIn
LinkedIn
YouTube
YouTube