www.proturga.org
Benvidos ao Boletín Mensual de Proturga!
#proturgaenaccion

II ASEMBLEA XERAL DE PROTURGA

 

A finais do ano 2012 celebrouse en Pontevedra a II Asemblea Xeral de Proturga, a cal tivo moi boa acollida polos profesionais do sector, que a valoraron de forma moi positiva.

Neste evento presentouse o Plan de Acción 2013 e deuse a coñecer o Réxime Interno así como as contas e a memoria anual da asociación. En dita asemblea tamén se deron a coñecer e se puxeron en marcha as Comisións de Traballo de Proturga:
  • CT de Xestión Interna, dirixida pola Vicepresidenta, Beatriz Gil Estévez.
  • CT de Comunicación, liderada pola presidenta, Verónica Pichel Guisande.
  • CT de Bolsa de Emprego e Formación, que a dirixe a vogal Nadia Cantero Barros.
  • CT Eventos e Visitas Guiadas, representada pola vogal Marta Sellán.
  • CT de Xestión de Empresas, dirixida pola secretaria, Fátima Cachafeiro Blanco.

 

PROTURGA EN TUREXPO 2013

 


A segunda das feiras do sector turístico na que estivo representada PROTURGA foi en Turexpo, feira galega  do turismo, moi pequena e humilde, pero con unha gran bolsa de contratación. Nesta ocasión, a asociación xa non se fixou o obxectivo de búsqueda de contactos. Neste espazo, era necesario levar a cabo unha actuación vistosa que puxese de manifesto, na nósa comunidade autónoma, a gran profesionalidade de PROTURGA.

Por iso, púxose en marcha unha intervención composta por dúas ponencias con temas actuais do sector, precedidas dunha presentación de PROTURGA. As ponencias versaron sobre temas tan interesantes como "A Comercialización do Turismo Industrial" e "A Innovación Empresarial Turística en Tempos de Crise".

Esta intervención de Proturga en Turexpo tivo moitísimo éxito e suscitou un grande interese entre os profesionais do turismo.

PROTURGA EN FITUR 2013


O ano 2.013 comezou forte para PROTURGA, que nos primeiros meses estivo presente en dúas feiras de turismo levando a cabo diferentes accións.

A primeira das feiras, visita obrigada para a maioría dos profesionais do turismo, é, por suposto FITUR. PROTURGA estivo representada pola maior parte da súa directiva e de varios socios.

Nesta feira tan importante tanto a nivel nacional como internacional, a asociación aproveitou para darse a coñecer entre os profesionais, reunirse e intercambiar opinións con outras asociacións e entidades de interese e, por suposto, para adquirir novos coñecementos que transmitirlle aos socios e, en xeral, ao sector.

Unha das reunións moi importante que se levou a cabo en FITUR foi coa AEPT (Asociación Española de Profesionales del Turismo), que é a homóloga de PROTURGA a nivel nacional. Esta reunión foi moi productiva, compartimos ideas, recibimos asesoramento e, o máis importante, abríronnos as portas para posibles colaboracións.
 

I FORO DE PROTURGA

 


O día 27 de abril levarase a cabo, no Teatro Principal de Pontevedra, o I Foro de Proturga, espazo de encontro entre os profesionais do turismo, que xirará en torno ao Turismo Deportivo.

Baixo esta temática contaremos con ponencias moi interesantes, innovadoras e amenas; titularizadas polos propios protagonistas deste tipo de turismo, que o viven día tras día e que o coñecen de primeira man. 

Este evento tamén estará plagado de caras coñecidas para os amantes do deporte, con algúns campións que están encantados de apoiar a Proturga neste I Foro.

Ademáis, nesta xornada do 27 de abril celebrarase a I edición dos PREMIOS PROTURGA e os asistentes poderán coñecer iniciativas turístico-deportivas sorprendentes que se están levando a cabo en Galicia. 

Así pois, dende PROTURGA, é un pracer convidarvos a tódolos profesionais do turismo a este evento. Anímaste? Agárdante moitas sorpresas que iremos desvelando nas Redes Sociais. Non o perdas!

#ForoProturga  #proturgaenaccion.

Avance das Novas de Abril de Proturga

No próximo boletín de Proturga...

  • Desvelaremos tódolos segredos do I FORO DE PROTURGA: ponentes, actividades, sorteos...  Vaste sorprender! 

Like
Tweet
Share
+1
Forward to Friend
PROTURGA, PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA

proturga@gmail.com
www.proturga.org
 
www.proturga.org
www.proturga.org
Email
Email
Facebook
Facebook
Twitter
Twitter
LinkedIn
LinkedIn
YouTube
YouTube