Copy
Se esta mensaxe non se ve correctamente, podes vela no teu navegador.

16 Encontro Galego
de Ilustración

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza un ano máis o seu Encontro Galego de Ilustración. Nesta edición número dezaseis, o Encontro trae de novo a Santiago de Compostela, os días 27 e 28 de setembro, unha escolma da ilustración máis interesante da Península, o que permitirá botar unha ollada a autores que traballan en lugares tan diferentes como o País Vasco, Portugal ou Cataluña.

Nun programa en que o puxante panorama da ilustración do país luso contará cun especial destaque, as charlas terán como relatores o ilustrador e deseñador Javirroyo (que ademais, impartirá un obradoiro sobre realización de mapas ilustrados), Inês Silva, directora da prestixiosa axencia Illustopia, e o ilustrador Jon Juárez (Harrihorrihar), e complementaranse cun panel de experiencias e unha mesa redonda coas ilustradoras portuguesas Marta Madureira e Cátia Vidinhas. Esta parte central do Encontro estará presentada e conducida pola comunicadora Neves Rodríguez.

Ademais, como actividades complementarias, o programa inclúe tamén unha sesión de revisión de portafolios e unha actividade lúdica (a Sesión DJ Ilustrada, co DJ Pablo Electrocute e proxección de debuxo en directo a cargo de varios ilustradores).

Coma sempre, todas as persoas interesadas na ilustración e a creatividade gráfica están convidadas a asistir; todas as actividades están abertas a todo o público e son gratuítas, salvo o obradoiro, que ten unha pequena tarifa de inscrición. O groso das actividades terá lugar, como na edición anterior, no Auditorio de Galicia (avenida do Burgo das Nacións, s/n, 15704 Santiago de Compostela). Unicamente terán outras sedes o obradoiro con Javirroyo (na Unitaria, calzada de San Pedro, s/n, 15703 Santiago de Compostela) e a Sesión DJ Ilustrada (no Camalea, praza de San Martiño, 4, 15704 Santiago de Compostela).

O 16 Encontro Galego de Ilustración está organizado pola AGPI coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e o apio da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Toda a información sobre o programa e a inscrición no obradoiro e na sesión de revisión de portafolios pode encontrarse aquí.

Website
Facebook
Twitter
Flickr
YouTube
Recibes esta información da AGPI pola túa relación previa connosco.
Se non desexas recibir máis mensaxes nosas, podes cancelar a túa subscrición directamente
coa ligazón que aparece máis abaixo ou mediante os medios de contacto indicados.
© 2019 AGPI


Queres mudar como recibes estes correos?
Podes facer trocos nas túas preferencias ou cancelar a subscrición.

Email Marketing Powered by Mailchimp