Copy
Boletín de novas sobre a ilustración galega.
 
NOVAS AGPI

Edición aberta do boletín AGPI    â—    N.º 2    ABRIL 2013

A AGPI INFORMA! 


Este vindeiro fin de semana, e concretamente o sábado 6 de abril, celebraranse dúas actividades de interese para os amantes da ilustración.

Por un lado, somerxerémonos de cheo no 
mundo do debuxo directo e o entintado da man do debuxante arquicoñecido José Luis Ágreda, e tamén no visionado de traballos e ilustracións de varios compañeiros de andanzas durante un novo IlustraNoite compostelán.

Esperámosvos!!!
  Suscribete    Envia   Contacta
Inicio ●  Info AGPI  ●  Eventos próximos  â—  Novas da web
NOVAS AGPI

Curso Entintado manual e dixital

CSC O Ensanche, Santiago de Compostela ● 6/04


Pois, acabado con grande éxito o prazo de inscrición, xa estamos a piques de comezar unha nova edición dos Cursos AGPI e temos a sorte de contar como convidado especial con José Luis Ágreda, que está a piques de aterrar en Lavacolla... xa non queda nada!!!

O curso terá lugar no Centro Sociocultural O Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, Santiago de Compostela) este sábado día 6 de abril ás 10:20 horas da mañá.

Ás 13:30 rematará a sesión matinal, e contaremos con tempo dabondo para xantar. Ãs 17:30 horas da tarde proseguirá o curso, que se prolongará ata as 20:30, hora de remate... ou ata que o corpo aguante!

Para facilitarvos aos foráneos a orientación en terras compostelás, e tamén a fin de suxerirvos  opcións culinarias, confeccionamos un mapa no que poderedes atopar lugares de interese.

Con respecto Ã¡s instalacións, o salón de actos é totalmente estándar; ten cadeiras individuais cómodas, pero non dispón de mesas. Podedes traer o material que vexades pertinente (cadernos, blocks de debuxo...), incluso portátiles ou tablets, pero é probable que non se poidan poñer a cargar na sala, así que tdeo en conta e traede as baterías a tope.

IlustraNoite en Santiago

Cantina Galopín ● O 6/04 ás 23:00 horas

 

A mesma noite do sábado tamén temos prevista unha actvidade complementaria ao curso: o primeiro IlustraNoite que facemos en Santiago. Como algúns xa saberedes, segue un formato ben chusquiño de 20 x 20, é dicir, cada convidado presentará unhas 20 imaxes e poderá adicarlles un total de 20 segundos a cada unha delas, sendo este tempo suficiente para falar de cadanseu universo particular.
 
Nesta ocasión o evento terá lugar na Cantina Galopín, na zona nova de Santiago (rúa Fernando III o Santo, 1),
e dará comezo ao redor das 23:00 horas. 

A tarefa de comisariado recaeu sobre Ã“scar Villán, quen foi de inestimable axuda para que o evento chegase a bo porto; tamén é o autor do cartel do evento.

Contaremos coa presenza de oito autores:
Nuria DíazMariano CasasFran BuenoJorge García,Diego F. GobernaJose L. Serrano SilvaYago García e Minia Regos.

Estamos seguros que vos van encantar as súas presentacións, polo que non deixedes de pasarvos por
este espazo informal de intercambio e contacto directo con outros colegas de profesión.

Recursos de interese

Manga Studio e SketchBook Pro

 

Como xa saberedes, este próximo curso está dedicado ás ferramentas e procesos de debuxo e entintado tradicional, pero tamén ás opcións dixitais. Escollemos un autor recoñecido, José Luis Ágreda, que ten ampla experiencia no uso de dúas das ferramentas máis afamadas para esta finalidade: Manga Studio e SketchBook Pro.


Manga Studio Ã© un dos programas máis recorridos para odebuxo e entintado directo. As súas ferramentas están pensadas e optimizadas para a creación de debuxos e de cómics. Dispón de recursos para a creación do deseño de viñetas, debuxo, entintado e aplicación de tons e texturas, e para crear bocadillos e títulos. A última versión é moi accesible, ao redor dos 
70 €, pero aquí podedes descargar a versión de proba.

SketchBook Pro Ã© un software moi sinxelo e directo.
Foi deseñado para simular unha folla de papel onde pintar de forma directa con moi poucas ferramentas, todas elas enfocadas ao debuxo directo usando tableta gráfica, o que o converte nun programa amigable e especialmente idóneo para o bosquexo rápido e o traballo fluído. Dispón deversión para tabletas e teléfonos intelixentes. Ademais, é moi económico, apenas 60 € para ordenador e 5 $ a app, pero si só querede probalo premede neste enlace.

 

  Suscribete    Envia   Contacta
Inicio ●  Info AGPI  ●  Eventos próximos  â—  Novas da web
NOVAS AGPI

Charlas e presentacións

 

Charla con Emilio Urberuaga

04/04 ● Galería Sargadelos, Santiago

Encontro co ilustrador Emilio Urberuaga, Premio Nacional de Ilustración 2011. Estará organizado pola editorial Kalandraka e terá lugar na sala Sargadelos de Santiago de Compostela a partirdas 19:00 horas.
Máis información

 

Presentación de El fugitivo

04 e 05/03 ● Librería Paz e Casa da Cultura de Brión

Jaime Asensi presenta a súa adaptación da obra de Ramón J. Sender El fugitivo con guión do xornalista Hans Leuenberger. Guionista e debuxante presentarán a obra o xoves 4 de abril ás 20:00 na Libraría Paz (rúa da Peregrina 29, Pontevedra), e o 5 de abril ás 20:30 na Casa da Cultura de Brión (Carballeira de Santa Minia 5, Brión).
Máis información


Pecha Kucha Coruña vol.7

O 12/04 as 23:00 horas ● Playa Club, Coruña

Esta é a sétima edición que o afamado formato de presentaciónsPecha Kucha desenvolve na cidade herculina. Nesta ocasión poderedes desfrutar de convidados de excepción: Pedro Ramos,Irene SanjuanAngélica y RobertaUndo RedoKorokati,BarbamigosKnitbrarySomaEnrique Tenreiro e Joshua McCarey.

Xornadas e actividades

 

 

GRAF cómic e edición independente

O 13/04 ● Centro de Arte Mutuo, Barcelona

Evento autoxestionado que pretende ser punto de encontro de autores e editores independentes, poñendo o acento no cómic de autor, a autoedición e as editoriais independentes, e a relación do cómic con outros ámbitos da cultura.
Máis información


Creativos Anónimos

Reunións mensuais ● Centro Ágora, A Coruña

Creativos Anónimos pretende ser un espazo para o diálogo, adicado a poñer sobre a mesa temas e problemáticas propias das profesións de carácter creativo. Participan creativos de diversas disciplinas, tales como deseñadores, arquitectos, artistas, ilustradores ou cineastas. 
Máis información

Cursos e obradoiros

 

Maquetación Web: HTML5 + CSS3

Sábados 6, 13, 20 e 27/03 ● Aula Formación Agafpu, Santiago

Formación básica e global para o desenvolvemento de aplicacións web, introducindo o alumno na aprendizaxe dos compoñentes HTML e CSS necesarios, e incidindo nas novas características e funcionalidades destas linguaxes clave. Impartido por scar Otero, un dos profesionais máis recoñecidos no mundo web en Galicia.
Máis información


Deseño gráfico de Apps para dispositivos

Do 12 ao 14 de abril ● Fundación Luís Seoane, A Coruña

Aprende a entender o proceso de creación dunha App dende o ámbito do deseño de produto e do deseño gráfico. Sen a necesidade de ser programadores, aprenderemos a deseñar aplicacións con ‘efecto wow’ que teña éxito entre os usuarios.
Máis información


Obradoiro de BD por Santy Gutiérrez

O 25 e 26 de abril ● Biblioteca Municipal Central, Cambre

Obradoiro de rudimentos básicos da banda deseñada para os estudantes de secundaria, dende a translación do guión á paxina ata o deseño de personaxes e uso de planos, encadres, secuencias, onomatopeas...
Edición anterior do obradoiro

Exposicións e mostras

 

Oro parece

Ata o 14/04/2013 ● Lume de Carozo, Vigo

A nosa socia Carolina González presenta a súa exposición
«Oro parece», con traballos de ilustración. Será en Lume de Carozo (rúa de Joaquín Yáñez 5, Vigo).

Máis información


Ilustrarte 2012

Ata o 29/09 ● Matadero, Madrid

50 artistas de diversas nacionalidades, unha exposición composta por 150 ilustracións que é o reflexo da posibilidade de narrar e ler historias por medio de imaxes.
Máis información


Sementes de Frida

Do 10/04 ao 1/05 ● Chilam Balam, Vigo

Este mércores, 10 de abril, para seguir conmemorando o Día da Muller, será reinaugurada a exposición colectiva Sementes de Frida, mostra dedicada á artista mexicana Frida Kahlo
 
Participan 14 artistas radicados en Galicia, como os nosos socios Aida AlonsoAugusto Metztli e Kristina Sabaite
 
A inauguración será o día 10, ás 19:30 h, no restaurante mexicano Chilam Balam (rúa de Oporto 7, Vigo), onde poderá visitarse ata o 1 de maio.
 
Posteriormente estará, o 3 de maio en Zoográfico (avenida Atlántida, 32, Vigo); e o 7 de xuño no estudio Tlapaltic 
(rúa Edelmiro Trillo, 19 Vilagarcía de Arousa). 
  Suscribete    Envia   Contacta
Inicio ●  Info AGPI  ●  Eventos próximos  â—  Novas da web
NOVAS AGPI
04/03/2013  ●  Exposición itinerante ‘Sementes de Frida’
07/03/2013  ●  â€˜Las aventuras de Undine’, serie ilustrada por Cristal Reza
07/03/2013  ●  Premio internacional para David Pintor
11/03/2013  ●  Lanzamento de ‘Os días do cometa’
12/03/2013  ●  A exposición «Parafusos, alambiques e birleques», agora en liña
12/03/2013  ●  Vídeo con Xan López Domínguez na web do Observatorio
Facebook Twitter Flickr Pinterest Youtube
Inicio ●  Info AGPI  ●  Eventos próximos  â—  Novas da web
 
NOVAS AGPI
Share
Tweet
Forward to Friend
Copyright © 2013 AGPI, All rights reserved.