Concursos, axudas, subvencións
Convocatorias abertas, congresos, cursos, formación
Actividade AGPI
Nota: as convocatorias en cuxos regulamentos se detectou algún tipo de problema desde o punto de vista profesional van marcadas con ♦♦♦
MARZO:
14/3-5/4/2014: Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Inclúe actividade en colaboración coa AGPI. Máis información.
15/3/2014: finaliza o prazo de presentación de traballos ao International Cartoon Competition Berlin (Kurtukunst Gallery/Limes Image Agency, BerlÃn, Alemaña). Premios de 1000 eur e outros. Regulamentos.
16/3/2014: finaliza o prazo de presentación de traballos ao AOI Illustration Awards 2014 (Association of Illustrators, Londres, Reino Unido), en 8 categorÃas. Inscrición: 45 libras (25 en caso de estudantes); tarifa para seleccionados á exposición: 145 libras. Premios: exposición en Somerset House (Londres) e participación no catálogo de gañadores. Regulamentos (pdf).
18-19-20-25-26-27/3 e 1-2-3-8/4/2014: Curso en liña «Aprende a crear un cuento ilustrado como app para iPad», impartido por Ignasi Lirio. Organizado pola APIC (Associació Professional d’Il·lustradors de Catalunya). Duración: 15 horas (clases de 9:30 a 11:00 h). Inscrición: 80 euros; 60 euros para socios da AGPI e as outras asociacións profesionais de ilustradores. Máis información.
19/3/2014: finaliza o prazo de presentación de traballos ao 4.º Certamen de Diseño Gráfico «Imagina Civican» 2014 (Fundación Caja Navarra, Pamplona). Premio de 1200 eur. Regulamentos.
21/3/2014: finaliza o prazo de presentación de traballos ao concurso de carteis para «Moros y Cristianos Elda 2014» (Junta Central de Comparsas, Elda, Alacante). Premio de 1500 eur. Regulamentos.
21/3/2014: finaliza o prazo de presentación de traballos ao concurso de carteis para os Encierros de San Sebastián de los Reyes (Ayuntamiento de San Sebastián de los Reyes, Madrid). Premio de 1000 eur. Regulamentos. ♦♦♦ [OBS. Problemas nos regulamentos: os traballos non gañadores deben recollelos os seus autores polos seus propios medios.]
21/3/2014: finaliza o prazo de presentación de traballos ao III Concorso Europeo di Illustrazione EurHope (Enrico Testino/Autorità Portuale di Genova, Xénova, Italia), para menores de 35 anos. Tema: os portos marÃtimos. Premios de 1500 eur, 1000 eur e 500 eur. Regulamentos e inscrición. ♦♦♦ [OBS. Problemas nos regulamentos: non se especifica se hai algún tipo de cesión de dereitos das obras premiadas ou seleccionadas.]
24-27/3/2014: Bologna Children’s Bookfair (Boloña, Italia). Máis información. A AGPI colabora no stand oficial da Xunta difundindo a obra dos ilustradores galegos. Algúns consellos prácticos para a feira, no artigo do número 9 de Agpirina (pp. 9-11).
25-26/3/2014: Xornadas Insultarte, no CGAC (Santiago de Compostela), 17:00-19:00 h. Conferencias sobre dereitos de autor, fiscalidade e outras cuestións prácticas orientadas aos creadores visuais. Entrada gratuÃta. Máis información.
27/3/2014: finaliza o prazo de presentación de traballos ao concurso de carteis San FermÃn 2014 (Ayuntamiento de Pamplona/Iruñeko Udala, Pamplona). Premio de 3600 eur. Regulamentos (pdf). ♦♦♦ [OBS. Problemas nos regulamentos: as imaxes de calquera dos carteis presentados poderÃan ser utilizadas para a difusión do concurso, sen retribución para os autores.]
28/3/2014: finaliza o prazo de presentación de proxectos de álbum de cómic ao Prix Raymond Leblanc de la Jeune Création 2014 (Fondation Raymond Leblanc, Bruxelas, Bélxica), para autores que non teñan publicado máis de dous álbums. Premio de 20 000 eur (10 000 deles son en concepto de avance de dereitos de autor pola edición a cargo de Éditions du Lombard, sobre o 10 % do PVP dos libros vendidos). Regulamentos e inscrición. ♦♦♦ [OBS. Problemas nos regulamentos: non se especifica o tempo nin o territorio para o que se ceden os dereitos, aÃnda que as condicións habituais no mercado francófono son de cesión temporal ilimitada.]
30/3/2014: finaliza o prazo de presentación de traballos ao XI Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración (Deputación de Ourense): non menos de dez ilustracións do texto premiado na categorÃa de narración, que debe ser solicitado a publicacions@depourense.es. Premio de 1500 eur, que inclúe os dereitos de autor pola primeira edición en galego e castelán. Regulamentos. ♦♦♦ [OBS. Problemas nos regulamentos: dáse a entender que os orixinais premiados quedan en poder da organización.]
31/3/2014: finaliza o prazo de presentación de traballos ao Concurso de Cómic «Ganorabako 2014» (Casa de Cultura de Basauri, Biscaia). Premios de 900 eur e outros. Regulamentos.
31/3/2014: finaliza o prazo de presentación de traballos ao concurso de carteis da Seminci 2014 (Fundación Pública Seminci-Semana Internacional de Cine, Valladolid), para tres seccións do festival. Premios de 2000 eur e 600 eur. Regulamentos e inscrición.
ABRIL:
2-9-23-30/4/2014: curso «Fundamentos: TipografÃa», impartido por Daniel Vázquez, en Espacio B58 A Coruña. Prezo: 60 euros (reducido se a matrÃcula é ao ciclo de tres cursos). Máis información.
3/4/2014: finaliza o prazo de presentación de obras ao 7th International Contest of Caricature and Cartoon of Vianden (Musée de la Caricature et du Cartoon de Vianden, Vianden, Luxemburgo). Premios de 1500 eur, 1000 eur e 500 eur. Regulamentos. ♦♦♦ [OBS. Problemas nos regulamentos: as obras gañadoras pasan a ser propiedade da organización, asà como os dereitos de explotación correspondentes.]
3-6/4/2014: congreso internacional «Editando para minorÃas na era dixital», organizada pola Universidade de Santiago de Compostela no Colexio de Fonseca, Santiago de Compostela. MatrÃcula aberta ata o 21/3/2014 (gratuÃta). Máis información.
3-10-24/4/2014: curso «Fundamentos: TipografÃa», impartido por Daniel Vázquez, en Doutroxeito Coworking Santiago de Compostela. Prezo: 60 euros (reducido se a matrÃcula é ao ciclo de tres cursos). Máis información.
4/4/2014: finaliza o prazo de presentación de obras ao IX Premio Castelao de Banda Deseñada (Deputación da Coruña). Premio de 6500 eur. Regulamentos.
4-11-25/4 e 2/5/2014: curso «Fundamentos: TipografÃa», impartido por Daniel Vázquez, en Magma Espacio Ourense. Prezo: 60 euros (reducido se a matrÃcula é ao ciclo de tres cursos). Máis información.
5/4/2014: finaliza o prazo de presentación de obras ao 23.º concurso do cartel anunciador de La Pasión de Callosa (Patronato de La Pasión de Callosa, Callosa de Segura, Alacante). Premios de 1000 eur e 300 eur. Regulamentos (pdf).
7-11/4/2014: curso «Bases da animación», impartido por Pixel in Fact en Alg-a Laboratorio (Valadares, Vigo). 16 horas de duración en catro sesións. Prezo: 100 euros. Máis información.
11/4/2014: finaliza o prazo de presentación de obras ao concurso do cartel anunciador das Fiestas de San Pedro y San Pablo 2014 (Ayuntamiento de Burgos). Premio de 2500 eur. Regulamentos (pdf).
14/4/2014: finaliza o prazo de presentación de traballos ao concurso «Il·lustraCiència 2014» (Associació Catalana de Comunicació CientÃfica, Barcelona), para traballos de ilustración cientÃfica. Dous premios de 300 eur. Regulamentos.
15/4/2014: finaliza o prazo de presentación de obras ao Premio Internacional de Cómic Costa Brava (Patronato de Turismo Costa Brava Girona e Ajuntament de Torroella de MontgrÃ, Xirona), cun mÃnimo de 64 páxinas en cor. Premio de 20 000 eur, como adianto dos dereitos de autor (8 % sobre o PVP sen IVE) da obra publicada por Panini España. Regulamentos (pdf). ♦♦♦ [OBS. Problemas nos regulamentos: non se especifican as condicións do contrato que asinarán os gañadores no que respecta a traducións e dereitos subsidiarios da obra.]
15/4/2014: finaliza o prazo de presentación de propostas ao II Premio Divina Pastora de Novela Gráfica Social (Fundación Divina Pastora, Valencia): adianto de 10 páxinas sobre o total de 64. Premio de 5000 eur (en dous pagamentos, na comunicación do premio e á entrega da obra finalizada), máis un 10 % sobre o PVP sen IVE da obra publicada por Fundación Divina Pastora. Regulamentos (pdf). ♦♦♦ [OBS. Problemas nos regulamentos: a cesión de dereitos é para todo o mundo e todos os formatos, e mesmo para derivados como a animación.]
16/4/2014: finaliza o prazo de presentación de traballos ao concurso de carteis anunciadores das Fiestas del Ãngel 2014 (Ayuntamiento de Teruel). Premio de 1000 eur. Regulamentos (pdf). ♦♦♦ [OBS. Problemas nos regulamentos: o orixinal da obra gañadora queda en poder da organización.]
17/4/2014: finaliza o prazo de presentación de obras ao 19th International Cartoon Exhibition Zagreb 2014 (Hrvatsko druÅ¡tvo karikaturista [Croatian Cartoonist Association], Zagreb, Croacia). Premios de 1000 eur, 500 eur e 300 eur. Regulamentos. ♦♦♦ [OBS. Problemas nos regulamentos: as obras premiadas pasan a ser propiedade dos organizadores; calquera obra participante poderÃa ser reproducida con fins de publicidade do festival.]
22/4/2014: finaliza o prazo de presentación de obras ao XXI Concurso Ciudad de Torrelavega «Historias de aquà y de allû (Ayuntamiento de Torrelavega, Cantabria), para menores de 35 anos, «non profesionais». Premios de 1000 eur e 400 eur (categorÃa B). Regulamentos (pdf). ♦♦♦ [OBS. Problemas nos regulamentos: non se especifica o que se entende por «profesional»; o gañador do 1.º premio deberá realizar ademais o cartel da seguinte edición do concurso, sen remuneración a maiores.]
30/4/2014: finaliza o prazo de presentación de obras ao 42th World Gallery of Drawing — Biennial of Drawing Skopje 2014 (Osten Skopje, Macedonia). Dous premios de 5000 dólares (aprox. 3600 eur) e seis de 1000 dólares (aprox. 730 eur). Regulamentos. ♦♦♦ [OBS. Problemas nos regulamentos: os regulamentos non indican nada a respecto dos dereitos de autor dos traballos presentados nin dos premiados.]
|