Copy
Boletín de novas sobre a ilustración galega.
 
NOVAS AGPI

Edición aberta do boletín AGPI    â—    N.º 3    XUÑO 2013

A AGPI INFORMA! 


 
Durante o mes de xuño é tempo de reflexión, xa que todos temos na cabeza a idea de tomar os primeiros baños de sol do ano. Por este motivo dende a AGPI gustaríanos axudarvos a planificar os vosos plans estivais pero sen descoidar a vosa formación, polo que estamos traballando na organización de actividades e novos eventos que se sucederán ata finais do ano.

Esta nova entrega do boletín dará conta do panorama que se aveciña en forma de mesas redondas, salóns do cómic, congresos, talleres, feiras, etc, nos que poderedes desfrutar cunha xenerosa ración de protección solar.

Esperámosvos!!!
  Suscribete    Envia   Contacta
Inicio ●  Info AGPI  ●  Eventos próximos  â—  Novas da web
NOVAS AGPI

Debate sobre o estado da ilustración

C.C. Novacaixagalicia, Santiago de Compostela ● 22/06

 

A AGPI organiza unha mesa redonda na que se debaterá sobre a situación actual da ilustración, a importancia dunha boa praxe no noso sector, xestión de proxectos propios... Temas interesantes dabondo e aos que non está de máis adicarlles un tempo para reflexionar e intercambiar impresións con outros colegas.

O día 22 de xuño, ás 10:30, no ‪Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela)‬ os ilustradores estamos convidados a asistir ao primeiro «Debate sobre o estado da Ilustración».

Dirixirá a cerimonia Manel Cráneo, e varios convidados achegarán a súa experiencia en distintos ámbitos como o cómic, a ilustración infantil e outros. Contaremos coa voz de autores experimentados e tamén dos que comenzan a súa andadura. Acompañarannos Marina SeoaneDavid PintorJosé Domingo e Yago García.
 
Entre convidados e público faremos una análise da situación da nosa profesión dentro do contexto da crise económica e trataremos de definir estratexias para combater a crise que golpea o noso sector.

Máis información

Eventos estivais ilustrados

Dentro do territorio nacional ● Verán 2013

 

Ilustrafic 
Fuera de página. I Congreso Internacional de Ilustración, Arte y Cultura Visual
Terá lugar en Valencia durante os días 19, 20 e 21 de xuño de 2013. Primeira experiencia, na que terán cabida mesas redondas, obradoiros, exposicións e revisións de proxectos e portafolios.
 
IlustraTour 2013
VI Festival Internacional de Ilustración y Libro Ilustrado
O punto de encontro é Valladolid, e as datas son entre o 1 e o 12 de xullo de 2013. Contan cunha ampla traxectoria, podedes participar na modalidade de obradoiros, anotarvos ás súas xornadas... ou como facemos os adictos a esta cita anual anotarvos aos dous eventos: obradoiros, charlas, presentacións de libros, citas profesionais, conferencias, exposicións, etc.
 
Viñetas desde o Atlántico
A cidade protagonista é A Coruña e a cita será este ano entre o 2 e o 11 de agosto de 2013; xa é un clásico, dado que se vén celebrando ininterrompidamente dende 1998. Exposicións, sesións de firmas, conferencias, charlas, presentacións, casetas, etc.: todo xirando en torno ao mundo do cómic.
 
Difumina
Dies d’Il·lustració
Terá lugar entre o 28 de agosto e o 1 de setembro de 2013. Un encontro diferente en plena natureza, con obradoiros con profesionis en Salás de Pallars, a 195  quilómetros de Barcelona e 98 de Lleida.
 

Recursos de interese

AD Artbox, Panel Photoshop CS6

 

O ilustrador Alex Dukal acaba de presentar unha nova aplicación de creación propia: un panel de ferramentas para ilustradores pensado para integrarse facilmente no Adobe Photoshop CS6. Conta con varias ferramentas especialmente pensadas para facilitar o fluxo de traballo dos profesionais que utilizan este programa para coloreado e debuxo directo. 

AD Artbox, que así é como se chama, pódese conseguir en dúas modalidades: unha "Lite" gratuíta (con algunhas ferramentas desactivadas) e outra completa a 10 $. Neste vídeo podedes ver unha demostración cunha versión beta da ferramenta.

Ademais, podedes atopar varios recursos gratuítos na súa tenda online, como unha gran cantidade de pinceis de Photoshop agrupados por tipoloxíasou tipografías de diversa índole.

  Suscribete    Envia   Contacta
Inicio ●  Info AGPI  ●  Eventos próximos  â—  Novas da web
NOVAS AGPI

Charlas e presentacións

 

Komiq Kon-Dado 2013

15 e 16/06 ● Centro Cultural  Vazquez Portomeñé, As Neves

Salón do Cómic do Condado Ã© un evento lúdico e educativo destinado a fomentar o aprecio polos cómics e as formas de arte relacionadas. Contarán coa presenza dos debuxantes Miguel PortoJosé Domingo e Fran Bueno como convidados.
Máis información

 

Presentación e taller con Paula Mayor

Sábado 15 /06 ● FNAC, A Coruña

Este sábado, día 15, a partir das 18:30 h, terá lugar na Fnac da Coruña a presentación do libro A coroneliña, clásico de Annie Fellows Johnston publicado agora en galego e castelán con ilustracións da nosa socia Paula Mayor
Despois dunha sesión de contacontos a cargo dos editores, Paula Mayor explicará aos nenos como foi o proceso de ilustración, desde os bosquexos ata o resultado final, a través da proxección de imaxes e vídeo.

 

David Rubín e Xan López Domínguez na Feira do Libro de Madrid 

Do 14 ao 16/06 ● Feria del Libro de Madrid

O noso socio David Rubín estará asinando exemplares das súas obras nas casetas da Feria del Libro de Madrid nos próximos días os días 14 (19:00-20:30), 15 (19:00-20:30) e 16 (11:30-13:00) no stand de Astiberri (o número 347 da feira). Pola sua parte, Xan López Domínguez, tamén socio da AGPI, estará o día 15 (12:00 a 14:00) na caseta de Edelvives.

Nova localización de Zoográfico

O 14/06 ● Zoográfico, Vigo

O espacio Zoográfico ten unha nova localización. Acaban de trasladarse ao centro de Vigo, para estar máis preto de todos, e queren celebrar a nova apertura, este venres, 14 de xuño, a partir das 17 e ata as 21 h en Doutor Cadaval 35.

Cursos e obradoiros

 

Deseñando revistas e libros dixitais

Do 14 ao 16/06 ● Fundación Luis Seoane, A Coruña

O futuro da edición de revistas encontrámolo en iPads, Kindles, Androids e, polo tanto, ter a aptitude de saber maquetar publicacións dixitais interactivas permítenos aspirar a unha das saídas laborais máis potentes para deseñadores gráficos de ámbito editorial.
Máis información

 

Curso en Ilustración especializada en Moda

Do 1 ao 25/07 ● BAU, Barcelona

O obxectivo principal do curso é dar a coñecer todas as especialidades profesionais que implican o traballo dun ilustrador ou dun gráfico de moda. Durante o curso trataranse as ramas máis importantes (Editorial, Téxtil e Publicidade), así como as técnicas para comunicar e difundir a obra de cada cal. Como conclusión final realizarase un portafolios online. As docentes do curso serán Lara Costafreda e Marc Pallarès.
Máis información

Exposicións e mostras

 

Oro parece

Do 14/06 ao 14/07/2013 ● Detrás do Marco, Vigo

Carolina González inaugurará a colección ampliada da súa exposición Oro parece, no café Detrás do Marco (rúa Londres s/n, Vigo), onde poderá visitarse ata o 14 de xullo.

Máis información

 

Exposición de Sekone na Coruña

Do 13/06 ao 11/07 ● The Room, A Coruña

Sekone inaugura este xoves, día 13, ás 20:00 horas, a súa primeira exposición, titulada El mayordomo está de vacaciones, en The Room (praza dos Anxos 7, A Coruña). 
A mostra inclúe varias obras realizadas en distintas técnicas, e poderá visitarse venres e sábados (de 20:00 a 22:00 h).
Máis información

  Suscribete    Envia   Contacta
Inicio ●  Info AGPI  ●  Eventos próximos  â—  Novas da web
NOVAS AGPI
05/06/2013  â—  Miki expón novamente en Vigo
06/06/2013  â—  Fran Jaraba presenta ‘División Azul’
07/06/2013  â—  David Rubín e José Domingo, na Feira do Libro de Madrid
10/06/2013  ●  Exposición de Sekone na Coruña

Facebook Twitter Flickr Pinterest Youtube
Inicio ●  Info AGPI  ●  Eventos próximos  â—  Novas da web
 
NOVAS AGPI
Share
Tweet
Forward to Friend
Copyright © 2013 AGPI, All rights reserved.